Actividades no eido da educación

Oferta de actividades no eido da educación

Curso 2015/2016

Actividade: Animación á lectura (educación infantil)

A Concellaría de Educación, co obxectivo de fomentar a afección á lectura entre os nenos/as máis pequenos, propón dous obradoiros para os alumnos e alumnas de educación infantil. A etapa de Educación Infantil é un momento clave para fomentar nos máis pequenos o gusto pola lectura e a necesidade de adquirir hábitos que nos permitan gozar de esta actividade. É polo tanto necesario que a literatura este presente nos colexios e non existe mellor forma de facelo que a través do conto.

O obxectivo didáctico deste proxecto busca promover a literatura desde as idades máis temperás. A través dunha experiencia participativa e cércana, o alumnado potenciará a curiosidade pola literatura.

Os principais obxectivos serán:

  • Utilizar a lectura como medio de aprendizaxe e entretemento.

  • Contribuír ao gusto polos contos e relatos.

  • Fomentar a comprensión en galego.

  • Traballar a creatividade como recurso artístico e literario.

 

Alumnado ao que vai dirixido:

Este proxecto vai dirixido a alumnos e alumnas con idades comprendidas entre os 3 e os 6 anos. O número de asistentes por función será entre 15 e 25 alumnos/as.

Duración das sesión: A duración aproximada de cada sesión será de entre 30 e 50 minutos coincidindo coa capacidade de atención dos grupos.

Metodoloxía:

A actividade faise a través dun contexto lúdico e imaxinativo utilizando o movemento e a narración como recurso principal.

1.- Obradoiro ATRAPANDO VERBAS (novembro -decembro)

A sesión esta dividida en tres momentos. Primeiro comezase cunha breve explicación de que é o que temos diante, un pedazo de ceo cheo de bolboretas faladoras. Cuns cazabolboretas os nenos terán que ir atrapando as bolboretas por quendas e colocándoas todas nunha lousa.

A segunda parte consiste en ordenar as nosas bolboretas, é dicir, algunhas de elas teñen escritas silabas no seu dorso polo que na lousa deberemos xuntalas para así formar palabras. Esas palabras son moi importantes xa que forman parte do conto

A terceira parte consistirá na lectura do conto “Orellas de bolboreta”. Farase dunha forma amena que captará a atención dos cativos. Unha vez finalizada a lectura falaremos das palabras que atrapamos e do seu significado no conto.

EEI Concepción Crespo Rivas
CEIP Froebel
CEIP San Martiño
EEI Fina Casalderrey
CEIP Parada Campañó
CEIP Marcón
CEIP Ponte Sampaio
CEIP Vilaverde
CEIP San Benito de Lérez
CEIP Manuel Vidal Portela

2.- Obradoiro ENGULECONTOS (xaneiro - marzo)

O obradoiro contén tres partes, comezase cunha breve presentación de quen é “Engulecontos”, que é o que lle gusta facer e todo o relacionado con ese personaxe.

Despois pasamos a lectura dun breve fragmento, é o principio dun relato que ten como personaxe a Engulecontos e que eles mesmos deberán seguir. Unha vez que se lea ese fragmento os nenos deberán continualo engadindo unha nova frase, cada aula que participe nesta actividade engadirá un cachiño máis para así face unha gran historia entre todos os centros. Esta historia estará dispoñible unha vez acabada a actividade na web do concello no servizo de educación (www.educacion.pontevedra.eu)

Por último crearán un debuxo do pequeno Engulecontos. Nun gran pedazo de papel continuo pintarase unha silueta do personaxe tal e como eles o imaxinan. Este debuxo quedará colgado na aula.

EEI Concepción Crespo Rivas
CEIP Froebel
CEIP San Martiño
CEIP A Carballeira
CEIP Parada Campañó
CEIP Marcón
CEIP Ponte Sampaio
EEI Verducido
CEIP Vilaverde
CEIP Manuel Vidal Portela
CEIP Principe Felipe

Actividade: Dobraxe na escola para educación primaria (1º e 2º educación primaria)

A técnica de dobraxe en xeral,- e máis concretamente nas películas de animación- é unha ferramenta máxica, novidosa e divertida, capaz de captar a atención dos nenos/as sobre aspectos tan importantes na comunicación como é a linguaxe e todo o que vai ligado a ela (cadencia, fonética, ritmo, intención, musicalidade...)

Con textos sinxelos e curtos escollidos para a ocasión os/as nenos/as son os protagonistas. Traballan co galego ao tempo que se divirten poñéndolle voz aos seus personaxes favoritos. Os centros recibirán unha copia de todo o gravado. Material que se lles enviará unha vez rematada a edición.

Lugar de realización: Nos centros educativos

Período de realización: Concertada co centro, febreiro- marzo 2016

CEIP Froebel
CEIP San Martiño
CEIP A Carballeira
CEIP Parada Campañó
CEIP Marcón
CEIP Ponte Sampaio
EEI Verducido
CEIP Vilaverde
CEIP Xunqueira II
CEIP San Benito de Lérez
CEP Marcos da Portela
CEIP Manuel Vidal Portela
CEIP Principe Felipe

Actividade: O Cartafol do Lérez(5º e 6º educación primaria)

Esta iniciativa está orientada a tódolos alumnos de e deeducación primaria dos centros educativos públicos do concello de Pontevedra e tenta dar un paso máis no camiño de achegamento dos nenos e nenas ao libro e a lectura reforzando o papel das bibliotecas escolares como espazo vertebrador e fundamental neste proceso.

A metodoloxía a seguir será a seguinte:

1- Na elaboración de “O cartafol do Lérez”, participarán directamente os nenos e nenas que cursan estudos de terceiro ciclo de Educación Primaria en centros públicos do concello de Pontevedra a través de actividades e obradoiros desenvolvidos nas súas bibliotecas escolares.

2- “O cartafol do Lérez” dixital (www.ocartafoldolerez.org) servirá como medio de comunicación e intercambio entre as distintas bibliotecas, os seus usuarios e a sociedade en xeral. Este blog xa está en funcionamento e se poden ver as actividades realizadas nas edicións anteriores.

3- Publicarase “O cartafol do Lérez” en formato papel que será distribuído entre toda a poboación escolar de Pontevedra de educación infantil e primaria, reflectindo os traballos dos diferentes obradoiros e que servirán de escaparate e de recoñecemento ao traballo realizado polas diferentes bibliotecas escolares.

Estamos revisando e actualizando a actividade que este ano contará con novidades.

CEIP Froebel
CEIP San Martiño
CEIP A Carballeira
CEIP Parada Campañó
CEIP Sto André de Xeve
CEIP Marcón
CEIP Ponte Sampaio
CEIP Vilaverde
CEIP Alvarez Limeses
CEIP Xunqueira II
CEIP San Benito de Lérez
CEP Marcos da Portela

Actividade: Pontenciencia: III Feira da miniciencia (5º e 6º educación primaria) 3 e 4 de xuño de 2016

O obxectivo do proxecto é poñer ó alcance dos cidadáns un conxunto de ferramentas e actividades que proxecten unha visión dinámica e atractiva da ciencia, a tecnoloxía e a innovación para poder celebrar unha feira de ciencias, que denominamos Pontenciencia: feria de la miniciencia.

En primeiro lugar impartiranse obradoiros de formación no método científico os escolares (5º- 6 º Educación Primaria) e os membros do ANPA que queiran participar cos seus fillos (7-12 anos). Poderán aprender unha metodoloxía de investigación aplicable a calquera ámbito social, económico ou ambiental.

Posteriormente, tras unha proposta temática dun comité científico, cada participante realizará o seu proxecto de investigación, co apoio e a supervisión necesarias para presentar o resultado das súas investigacións en Pontenciencia: feria de la miniciencia

Poderase participar na categoría Ciencia en el cole ou ben Ciencia en familia.

Lugar de realización: Escola de Enxeñería Forestal da UVigo

Período de realización: Finais de maio- principios xuño

Esporádica ou fixa: Fixa

Gratuíta ou con custo: gratuíta

CEIP FROEBEL
CEIP SAN MARTIÑO
CEIP PARADA- CAMPAÑÓ
CEIP PONTESAMPAIO
CEIP A XUNQUEIRA II
CEIP SAN BENITO DE LÉREZ
CEP MARCOS DA PORTELA
CEIP A XUNQUEIRA I

Actividade: Crear e manexar un horto escolar (CURSO DE CAPACITACIÓN PARA PROFESIONAIS DA EDUCACIÓN)

Destinatarios: Profesores de ensino primario e secundaria

Nº prazas: 15

Nº horas: 30

Lugar: Finca do Conde en A Parda ( Pontevedra)

Obxectivos:

- Capacitar ao profesorado no desenvolvemento do horto escolar

- Adquirir os coñecementos básicos das técnicas agrícolas

- Coñecer as técnicas para potenciar o horto como espazo multidisciplinar no centro educativo

- Elaborar actividades propias para o desenvolvemento do horto

- Potenciar a procura de experiencias con outros hortos

- Proporcionar estratexias para a elaboración de materiais con poucos recursos

- Integrar o programa do horto dentro do Proxecto educativo de centro

Contidos:

- O horto, recurso pedagóxico para traballar contidos teóricos de diversas materias

- Contidos transversais dentro do currículo

- Técnicas agrícolas específicas nos hortos escolares (Chans, familias botánicas, fertilización e manexo de pragas ecolóxico, rotacións e asociacións, sistemas de rega etc...)

- Calendario do horto escolar

- Plantas acompañantes

- Recursos para o horto escolar

- Actividades complementarias

- Estratexias de participación que favorezan a convivencia na comunidade educativa

- Elaboración dun proxecto de horto escolar

Metodoloxía:

A formulación do curso baséase na conxunción de aspectos prácticos e teóricos. En ambos os casos a aprendizaxe farase a través da participación e da posta en práctica dos coñecementos que se vaian adquirindo.

Inicio da actividade: 16 de novembro de 2015

Fin de actividade: 18 de decembro de 2015

Datas/ Horario:

16,18,20, 23,25,27,30 de novembro

2,4,7,9,11,14,16,18 de decembro

O horario será de 16:30 a 18:30 horas

Materiais: Dossier, calendarios agrícolas, revistas, fichas didácticas ...

Prazo de inscrición: Ata o venres, 13 novembro 2015

Criterios de selección: Por orde de recepción das solicitudes.

Solicitude de praza: As solicitudes cursaranse por calquera das opcións que a continuación se indican:

Telemáticamente a través da páxina web www.feitopontevedra.es mediante o formulario dispoñible.

ou chamando ao número de teléfono 691760378

Observacións: No suposto que queden prazas sen cubrir, poden participar os usuarios das hortas urbanas da Finca do conde que estean interesados

 

 

 

Oferta de actividades no eido da educación dende os distintos servizos do Concello de Pontevedra

 

Subcategorías

Teléfono: 986860697